Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto Indcrea reúne en San Simón a medio cento de expertos en industrias culturais

RR_Noticias

Medio centenar de especialistas en industrias culturais e creativas procedentes de seis países reuniranse do 19 ao 22 de setembro na illa de San Simón (Pontevedra) con motivo da posta en marcha do proxecto ‘Indcrea’, que busca ‘abrir espazos de reflexión sobre o futuro das industrias creativas e culturais de Galicia’.

Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Cultura e o Consello da Cultura Galega (CCG), contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e do presidente do CCG, Ramón Villares, na xornada inaugural do encontro, que arrancou cun foro de debate titulado ‘Galicia e as industrias culturais e creativas ante a Axenda 2020’.
O encontro, organizado polo CCG en colaboración coa Fundación Illa de San Simón, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e as tres universidades galegas, tratará de ‘deseñar políticas culturais orientadas á xeración de riqueza, valor engadido e emprego’, tal e como indica Cultura nun comunicado.Deste xeito, o medio centenar de investigadores, expertos e empresarios dos distintos campos e áreas das industrias culturais tanto de Galicia coma do resto de Europa e América debaterá acerca desta cuestión, considerada como un ‘sector estratéxico cara á segunda metade do século XXI’.Contarase coa presenza de catedráticos e profesores das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, así como de institucións académicas e docentes de diversos puntos de Iberoamérica e Europa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará