Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco aposta pola canteira no inicio da tempada

RR_Noticias

O presidente da entidade, Cándido Mirou confía en que a presenza maioritaria de xogadores locais animen á afección a regresar a Santa Mariña. No extradeportivo, as críticas recibidas por parte dun grupo de socios levaron a Mirou a anunciar que celebrarán eleccións no vindeiro mes de maio, un ano antes do previsto.

O club deportivo Choco celebrará eleccións un ano antes do previsto, concretamente abrirase o prazo de presentación de candidaturas en marzo. Esta foi a decisión adoptada polos socios na asemblea celebrada o pasado venres e na que o actual presidente, Cándido Mirou tentou dar resposta ás durísimas críticas emitidas por un grupo de socios liderados por José Suarez que o acusaban de levar ao club a unha precaria situación económica. O presidente aclarou que a día de hoxe a entidade arrastra unha débeda de 10.000 euros que esperan compensar con contratos publicitarios e achegas de diferentes organismos. Para facilitar este camiño, apostan pola canteira que servirá para recuperar público e captar socios para o equipo. A tempada arranca esta mesma fin de semana co obxectivo da permanencia en preferente autonómica. A primeira das citas será fora da casa, un difícil partido no campo do Pontellas.  

Cándido MIrou presidente do Choco
Convocatoria de eleccións anticipadas
Promover a canteira
Un equipo que servirá para atraer público e captar socios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará