Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón que se poña límite ás comisións bancarias

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira consolídase como salón de plenos. Acollerá mañá ás 20:30 horas unha sesión de puro trámite se atendemos aos punto incluídos dentro da orde do día. Debaterase ademais unha moción presentada polo BNG para que dende o goberno local se inste á Xunta a negociar co Estado para poñer fin ás subas das comisións en tempo de crise así como aos “cobros abusivos dos bancos”

O obxectivo sería adoptar medidas para obrigar ás entidades financeiras a ofrecer “de forma transparente” o importe que cobran polos servizos prestados. Así mesmo, o BNG pide ao Goberno autonómico que inste á Administración do Estado a impedir que “nesta situación de crise” se produzan aumentos das comisións, e queren que estas se supervisen para establecer límites máximos “en función de parámetros obxectivos que teñan en conta o custo real dos servizos prestados”.
Por outra banda, os nacionalistas reclaman que se aproben “de forma inmediata” normas legais para evitar que se manteña o cobro “abusivo” en concepto de mantemento ou administración de contas correntes ou de aforro, e obrigar á devolución das cantidades ingresadas, en caso de persistir esta práctica.
O grupo municipal do BNG lembra que as comisións que as entidades financeiras repercuten aos usuarios experimentaron unha suba significativa en plena crise económica, de maneira especial ao longo dos últimos meses.  Explican que as estatísticas do Banco de España reflicten un incremento medio de todas as comisións bancarias, con incrementos que van desde o 6 ao 14,28%, comisións por mantemento de contas correntes ou de aforro que se están estandarizando ao redor dos 30 euros anuais, gravando mesmo con cantidades adicionais a contas de saldos medios inferiores a 2.000 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará