Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música folk coa Roda na praia fluvial de Fornelos

RR_Noticias

O grupo de música tradicional será o encargado de pechar o festival folk que contará coa presenza dos vigueses The Crass e a Banda de gaitas do Concello. Os asistentes ao concerto, que arrancará as 22:00 horas, poderán gozar durante toda tarde coa animada música da charanga “Os Amigos”.

Durante toda a xornada do sábado, sempre e cando o tempo acompañe, de seguro que serán moitos os que se acheguen a carballeira da praia fluvial de Fornelos para gozar alí dunha comida amenizada pola música da charanga “Os amigos”. Unha música que servirá de aperitivo para un concerto que arrancará as dez da noite coa actuación da Bande de gaitas do concello, a agrupación viguesa The Crass e o grupo de música tradicional A Roda. Esta é a decimo segunda edición dun concerto arraigado xa en Fornelos de Montes e en toda a comarca, organizado pola comisión da festas de San Lourenzo, cuxas festas parroquiais terán a vindeira semana, concretamente os día 9,10 e 11 de agosto.  

Cayetano Caamaño organización
Espera que o mal tempo non desamine aos visitantes
Festival folk
Programación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará