Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A taxa de desemprego diminúe na comarca

RR_Noticias

En total formalizáronse 96 novos contratos en toda a comarca no pasado mes de xullo. O concello máis beneficiado foi Pazos de Borbén con 45 parados menos respecto do mes anterior mentres que en Redondela a menor importancia do sector servizos fixo que tan só abandonaran o antigo INEM 14 persoas.

Durante o pasado mes de xullo o paro reduciuse en toda a comarca en 96 persoas. De acordo coas estatísticas da Consellería de Traballo o concello que en maior medida experimentou esta reducción foi o de Pazos de Borbén onde 45 persoas abandonaron as listas do INEM. Tamén en Soutomaior se fixo notar o tirón do sector servizos que adoita nos meses de verán incrementar o número de contratados en restaurantes e locais de hostalaría, o que favoreceu a 22 persoas que tamén atoparon emprego.
Pola contra tanto Redondela como Fornelos de Montes experimentaron unha redución menos, de 14 e 15 persoas respectivamente.
No caso de Redondela o número de inscritos nos servizos de emprego é de 2.642 persoas, que aínda que supón unha lixeira melloría respecto ao mes de xuño non é un cambio salientable cando estamos a falar de que a nosa provincia foi a que experimentou mellor comportamento en todo o estado, con 4.476 parados menos.
En toda a comarca o número de desempregados ascende a 4.063 persoas. Ademais dos 2.642 parados inscritos en Redondela son 808 persoas as que se atopan en situación de desemprego en Soutomaior, 378 en Pazos de Borbén e 235 en Fornelos de Montes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará