Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG promove a presentación de alegacións ao Plan director da Rede Natura

RR_Noticias

O partido nacionalista anima aos veciños a presentar unha alegación para reclamar da Consellería de Medio Rural unha maior protección das ribeiras da Enseada de San Simón e que a totalidade da enseada pase a considerarse como área de protección.

Este venres remata o prazo de presentación de propostas ao Plan Director publicado pola Consellería de Medio Rural e no que se establecen os espazos incluídos na Rede Natura, entre os que atopamos a Enseada de San Simón como Lugar de Interese Comunitario (LIC). Dende o BNG fan un chamamento aos veciños para que presenten alegacións ao plan solicitando unha mellor e maior protección para a ría.
Nese sentido están a difundir unha alegación presentada por un particular na que se solicita que se estableza a protección das ribeiras da Enseada de San Simón, “nomeadamente a Praia de Cesantes e a Illa” e que todo o LIC “pase a considerarse como Área de Protección co obxectivo de garantir a súa futura mellora”.
As persoas interesadas en descargarse este escrito poden facelo na páxina web da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (www.cemma.org).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará