Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Degustación de viños caseiros en Saxamonde

RR_Noticias

Un ano máis, os veciños de Saxamonde prepáranse para unha fin de semana de degustación de viños caseiros coa celebración da IV festa do Viño da casa. Un extenso programa de actividades onde se inclúe a música, a gastronomía, o deporte e unha exposición fotográfica baixo o título “Do sacho ao tuenti: a infancia en Saxamonde”.

As casetas de degustación, onde un total de 5 produtores da comarca ofrecerán os seus caldos, abriranse ás seis da tarde do sábado, unha xornada na que haberá ademais música e baile para animar aos asistentes á unha cita que se celebra no centro cultural Chan das Pipas. Xa de cara a noite haberá un concerto folk con presencia do humorista Somoza, as pandereteiras Arela, a proposta musical Imosporisouque! e a música tradicional e festeira de A requinta da Laxeira. Tamén nesa xornada inaugurarase unha mostra fotográfica na que se recompilan diferentes imaxes da infancia en Saxamonde durante o século XX e comezo do XXI. Unha imaxes que permitirán ao observador facerse unha idea “das mudanzas nos quefaceres de nenos e nenas e do seu percurso ata a adolescencia”. Unha exposición cun acaído título “Do sacho ao tuenti: a infancia en Saxamonde”. O domingo as casetas abrirán ás 11:30 horas e celebrarase o II concurso degustación de receitas ao viño, onde os veciños que así o desexen poderán participar presentando as sáus proposta culinarias. Xa pola tarde, logo do xantar popular, haberá xogos tradicionais e un encontro deportivo no que casados/as e solteiros/as medirán as súas habilidades como futbolistas.  

Paulo Jablonski Chan das PIpas
Actividades variadas
Concha Crespo concurso gastronómico
Un concurso aberto á participación
Exposición fotográfica
A infancia é a protagonista das imaxes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará