Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os portos deportivos solicitan mellorar na accesibilidade das súas instalacións

RR_Noticias

Os dous portos deportivos de Redondela solicitan unha mellora na accesibilidade e máis investimentos para mellorar as deficiencias medio ambientais. Así llelo fixeron saber ao presidente da deputación Rafael Louzán quen se reuniu onte con representantes de 34 portos deportivos de todo Galicia, entre os que se atopaban os de Cesantes, Chapela e tamén Arcade.

A reunión prodúcese logo de que nun estudo elaborado pola Deputación se dese conta de que malia as melloras levadas a cabo nos últimos anos en materia de accesibilidade e contaminación, compría desenvolver outras medidas que contribuían a seguir mellorando o medio ambiente e favorecer a integración de persoas con discapacidade no mundo da náutica.
Os representantes dos portos convocados trasladáronlle tamén ao organismo provincial outras demandas como a necesidade de igualar o trato entre as sociedades privadas e as entidades públicas que xestionan portos deportivos, unha maior axilidade á hora de tramitar permisos, a construción dunha planta de reciclaxe para embarcacións de fibra de vidro, unha maior coordinación entre as zonas pesqueiras e deportivas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará