Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contra o lume máis vale previr

RR_Noticias

Cada verán o monte galego é vítima dos incendios. Con tan só o 8% da superficie forestal do Estado, Galicia sofre case o 50% dos seus lumes, con 20.000 hectáreas queimadas cada ano. En Redondela os veciños entenden que para evitalo só hai un camiño: a prevención. Coinciden cos sindicatos agrarios e ecoloxistas en que son necesarios “máis recursos” para conservar mellor os montes e máis presenza de brigadas para “disuadir ós pirómanos”.  

Ano tras ano Galicia arde. O abandono do rural fai que os montes coman terreo a prados e hortas, e pérdese poboación a pasos de xigante. No ano 2000 tiñamos 10.000 lumes ao ano e 20.000 hectáreas calcinadas. Agora, tras a lección de 2006, sufrimos menos incendios, 4.000 ao ano, pero a superficie queimada é a mesma, xa que os lumes son cada vez máis grandes e perigosos. Saímos á rúa en Redondela para coñecer a opinión dos veciños, e a resposta é clara: cómpre “máis prevención”. A opinión dos veciños é que os medios da Xunta “non son suficientes” e é necesario incrementar a vixilancia nos montes para disuadir ós pirómanos. Veciños como Mari Luz entenden tamén que hai “menos medios” pare previr os incendios, e lembra que anos atrás o monte estaba mellor conservado e máis limpo, sobre todo grazas á presenza do gando e outros labores rurais que se foron perdendo. No que coinciden todos os veciños é na importancia da “prevención”, que debe ser o obxectivo principal da administración, segundo Víctor Manuel, quen advirte tamén do problema que supón a privatización deste servizo, que se traduce en “menos medios”. Un problema engadido é o dos incendiarios. A propia Xunta recoñece que cando menos un 80% dos lumes é provocado. Pero só nun de cada mil incendios intencionados en Galicia se dita unha sentenza xudicial condenatoria. Agustina e Isabel entenden que son delitos “difíciles de probar”. Sindicatos e ecoloxistas coinciden cos veciños, advirten do gran abandono do monte e sobre todo do mundo rural. E devandito abandono xa podería derivar en incendios máis graves este mesmo verán.  

Faltan medios
Os veciños reclaman máis traballo de prevención e ácusan á Xunta de improvisar.
Mari Luz
O abandono da gandeiría e os oficios rurais poñen en perigo o monte.
Víctor Manuel
Cuestiona a política contra incendios da Xunta que debería centrarse na prevención.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará