Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ludoteca de verán atenderá a 200 rapaces nas parroquias do Concello

RR_Noticias

O servizo impartirase nos centros culturais e asociacións veciñais de dez parroquias e está orientado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. A concellería de Servizos sociais e igualdade lembra que os interesados tan só teñen que achegarse ao lugar no que se desenvolva a actividade para inscribir ao cativo de xeito completamente gratuíto.

O obxectivo desta actividade é facilitar a conciliación da vida persoal e familiar de nais e pais en período de vacacións escolares e favorecer ademais a colaboración coas asociacións así como ofrecer a posibilidade de que os pequenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo durante os meses de verán. As actividades que farán os rapaces, segundo nos explicaba dende a ludoteca Parruliños a súa responsable Mónica Cabaleiro serán variadas con obradoiros de elaboración de monicreques, cociña saudable e xogos populares así como saídas ao exterior aproveitando o bo tempo O centro cultural Chan das Pipas de Saxamonde acollerá a ludoteca os luns e mércores de 11:00 a 13:00 horas. No mesmo horario pero os martes e xoves impartirase a ludoteca nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Chapela, O Viso, Reboreda, Negros, Trasmañó, Ventosela e Vilar.  

Mónica Cabaleiro ludoteca Parruliños
Unha actividade que pretende dar un respiro a pais e nais
Actividades variadas
Os nenos poderán gozar de diferentes actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará