Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un “stop” de quita e pon

RR_Noticias

Os condutores vense sorprendidos polos continuos cambios na sinalización na intersección da N-550 e a N-552 á altura da sala Bolero en Redondela. Hai algo máis dunha semana a confusión era patente logo de que o departamento de Cerreteras del Estado instalase un stop que obrigaba aos vehículos que ían en sentido Pontevedra a Vigo a deterse á altura do antedito local. O sinal foi eliminado na xornada de hoxe.

As autoridades parecen non decidirse sobre que sinalización sería a máis axeitada no cruce da N-550 e a N-552 á altura de Bolero. A colocación dos quitamedos máis altos do habitual xa provocou numerosas protestas de moitos condutores que viron notablemente mermada a súa visibilidade, ao impedir estas barreiras que os condutores que procedían de Vilavella pudieran ver con antelación os vehículos procedentes do “scalextric” .Sen embargo, a sorpresa foi maiúscula cando a pasada semana os vehículos procedentes de Pontevedra e que circulaban pola N-550 en dirección Vigo se atoparon cun stop onde antes tiñan preferencia. Pola contra eliminábase o ceda ao paso que debían respetar os vehículos que tamén en sentido Vigo circulaban pola N-552.Un cambio na sinalización que provocou unha notable confusión pero que hoxe era maior se cabe logo de que os responsables decidiran eliminar o sinal de stop e retomar a sinalización anterior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará