Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os fachos volverán alumear o Monte da Peneda

RR_Noticias

A Peneda volverá converterse este sábado nun lugar de peregrinación para centos de persoas que como cada ano subirán en procesión á cima do monte na tradicional Festa dos Fachos que chega a súa XV edición. Un xeito diferente e reivindicativo de celebrar o solsticio de verán.

A romaría, que partirá ás 23:30 horas do pé do monte, estará amenizada por grupos de gaitas, pandeiretas e cantareiras e vivirá unha vez no cumio a exaltación do solsticio do verán coa fogueira e a queimada, elementos ambos os dous que servirán para quecer a todos os presentes. A iniciativa, organizada por Alén Nós en colaboración con outros colectivos de Vilaboa, Soutomaior e Redondela, mantén o carácter reivindicativo habitual da cita. Así, nesta ocasión o manifesto que se lerá unha vez no cume lembrará as mobilizacións que están a protagonizar os indignados en centos de vilas e cales son os motivos que están detrás deste movemento. Os participantes concentraranse ás 22:30 horas ao pé do monte onde se poderán adquirir os fachos a un prezo de dous euros con cincuenta.  A procesión comezará unha hora máis tarde. Os organizadores esperan a participación de máis de 2000 persoas nunha cita que este ano se pospuxo para evitar a súa coincidencia con outras celebración e que isto lle puidese restar participantes.  

Andrés Laxe Alén Nós
Unha festa que serve tamén para nos purificar
Gonzalo Balo manifesto
Os indignados protagonizarán este ano o manifesto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará