Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A parroquia de Cabeiro celebra as festas na honra de San Xoan

RR_Noticias

Unha sardiñada e unha gran fogueira marcan o inicio das festas que durante os vindeiros tres días se van vivir na parroquia de Cabeiro na honra de San Xoan. Comezan mañá xoves e prolongaranse ata o sábado con verbenas e outras actividades.

Será a partires das 20:00 horas de mañá xoves cando a comisión de festas convide aos veciños a participar dunha gran sardiñada onde non faltará o viño do pais. Xa na media noite prenderase unha gran cacharela e pouco despois comezará a verbena amenizada polo grupo internacional América.
O venres 24 haberá pasarrúas a cargo da banda de música de Arousa quen ofrecerá tamén un concerto logo da misa da unha da tarde. As orquestra Ismael e o grupo Canela serán os encargados de amenizar os actos nocturnos.
As festas chegarán ao seu remate o sábado nunha xornada que contará coa música da banda de Redondela pola mañá e a verbena ás 22:00 horas amenizada pola orquestra Atlanta e o grupo Arena.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará