Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A feira medieval provoca as primeiras tensións entre goberno e oposición

RR_Noticias

O ex concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera, critica a decisión do novo goberno de eliminar o mercado medieval que durante os últimos anos se viña celebrando na fin de semana dentro do programa das Festas da Coca. Unha cita que, ao seu entender, estaba a favorecer o incremento de público que pasaba pola vila nestes días festivos. Critica tamén a iluminación que considera “pouco axeitada”.

A decisión do novo goberno popular de eliminar a feira medieval do programa das Festas da Coca logo de catro anos de celebración, alegando a falta de orzamento, xa tivo as primeiras reaccións. O líder da oposición, o socialista Eduardo Reguera e ex Concelleiro de Cultura entende que é un erro por parte do novo goberno adoptar esta decisión xa que “eliminar a feira medieval vai repercutir na calidade e no número de asistentes que se acheguen durante os vindeiros días ao noso concello”. Sobre a posibilidade de trasladar esta celebración a outra data, unha alternativa apuntada dende o propio PP, Reguera entende que non tería sentido xa que a celebración foi ideada atendendo á orixe medieval da Coca. A feira viña celebrándose no últimos anos nas inmediacións da Praza da Torre e na zona vella e incluía numerosos postos de produtos artesanais e gastronómicos ademais de xogos medievais, actuacións de música e danza, representacións teatrais, e diferentes espectáculos coa representación da lenda da Coca. Pero non é esta a única crítica que o edil lle traslada ao novo goberno. Asegura que boa parte do programa foi ideado mentres el seguía no cargo pero insiste en desligarse da elección da iluminación que considera “pouco axeita” para estas festas.  

Eduardo Reguera PSOE
O ex concelleiro de cultura critica a eliminación da feira medieval
Iluminación
Entende que a iluminación elixida este ano é "pouco apropiada"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará