Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Poucas mans e moito traballo na elaboración das alfombras florais

RR_Noticias

Son poucas pero incansables, aínda que recoñecen que o traballo é esgotador e que os días previos ao Corpus son os máis duros xa que as xornadas de traballo se converten en maratonianas. O esforzo verase recompensando durante unhas horas, cando na mañá do xoves as rúas do centro esperten cubertas de flores.

Teñen o seu centro de operacións no Multiusos da Xunqueira e alí se reúnen diariamente para desenvolver diferentes tarefas centradas na preparación do material que se vai empregar na elaboración das alfombras florais que o xoves pola mañá lucirán nas rúas do centro da vila. Son estes tres días, previos ao Corpus, os de traballo máis intenso, xa que é obrigado deixar para o final o esfolle das flores para evitar así que estas se estraguen. E unha vez máis as queixas non se fan esperar porque a falta de colaboración é patente. Son poucas as mulleres que continúan a realizar estes traballos e, a pesar dos chamamentos que se fan ano tras ano para que a xente nova colabore, non hai relevo xeracional. Unha das veteranas na elaboración de alfombras, Marisol lembra que este ano houbo quen se achegou a preguntar canto se pagaba por colaborar e insiste en que non hai ningún tipo de remuneración económica xa que é un traballo que se fai de xeito desinteresado. A falta de colaboración tamén a notan á hora de ir buscar material, xa que os veciños néganse a doar flores. De feito, estes días traballan maioritariamente con material comprado e traído de invernadoiros. Pese as dificultades, as rúas do centro da vila volverán amencer na xornada do Xoves do Corpus cos eses tapices vexetais efémeros, que tan só durarán ate que a procesións saída da Igrexa. Poderanse ver nas rúas Alfonso XII, Reveriano Soutullo, Isidoro Queimaliños e na Rúa do Adro.  

Días de moito traballo
Mérchi esplicábanos cales son as tarefas dos últimos días
Falta de colaboración
Marisol nos explicaba que non hai renovación xeracional
Material comprado
As flores proceden dos invernadoiros xa que case non hai doazóns

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará