Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas: “Acadamos o mellor resultado do PP na súa historia”

RR_Noticias

O candidato do PP, Javier Bas amosa a súa satisfacción polos 10 concelleiros acadados nestes comicios que, ao seu entender, responden “ao traballo ben feito” polos homes e mulleres que integran o seu partido en Redondela, aínda que recoñece que o obxectivo era acadar a maioría absoluta.

Confía en chegar á alcaldía porque a Agrupación de Electores, que ten a chave de goberno, afirmou durante a campaña que non vai pactar con ninguén. Con todo anuncia a súa intención de sentarse a negociar con todos os partidos que acadaron representación, incluídos os integrantes de AER porque “como lista máis votada temos a responsabilidade de dar un goberno estable a Redondela”. En todo caso, os 6.635 votos acadados nestes comicios tradúcese en que contarán cun total de dez concelleiros, dous máis que os que contaban no anterior mandato, cantidade suficiente como para gobernar en minoría no caso de que non se produza un acordo a tres bandas entre PSOE, BNG e AER.

Entrevista a Javier Bas
O candidato do PP analiza os resultados do 22M

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará