Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campa “Non imos pactar con ninguén”

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela converteuse no día de onte na formación que vai decidir en gran medida o futuro do goberno de Redondela. A súa entrada na corporación grazas aos 832 votos que lle outorgan un concelleiro fai que esta formación teña na súa man a capacidade de dar a alcaldía ao popular Javier Bas ou ao socialista Eduardo Reguera.

A estas alturas os partidos maioritarios en Redondela, léase PSOE e PP, buscan bailar coa máis fermosa que neste caso é a Agrupación de Electores de Redondela. Unha agrupación que, á espera de celebrar unha reunión nos vindeiros días conforme ao seu espírito asembleario, anuncia que non contempla pactar con ninguén e que a súa intención na xornada de investidura é “apoiarnos a nos mesmos ou optar pola abstención”. No caso de que manteñan esta postura Redondela contaría a partires de xuño cun goberno en minoría en mans do PP. Un dos integrantes da formación de electores Bernardo “Campa” valoraba positivamente os resultados que os levou a prolongar as celebracións ata altas horas da madrugada e engadía que o elevado apoio logrado por AER “responde máis a un demérido do restos dos partidos que a un mérito seu”.

Entrevista a Campa de AER
Un dos integrantes da Agrupación de Electores valora os resultados do 22M

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará