Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello indemniza con 55.000 euros aos ex-traballadores do Grumir

RR_Noticias

Os operarios anuncian que recorrerán novamente aos xulgados porque entenden que non se lles recoñeceu toda a antigüidade. Con todo insisten en que a solución pasaría por contratar novamente aos traballadores o que permitiría que Redondela contase cun servizo de emerxencias estable as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Unha opción que dende o goberno local desbotaron por entender que as arcas municipais non teñen capacidade económica como para asumir o custe que suporía a contratación estable de nove traballadores, ademais dos tres que actualmente están en activo. Jonathan Martínez, un dos operarios despedidos, asegura que os cartos que se gastaron agora en indemnizalos (máis de 55.000 euros) abondarían para manter os seus contratos durante o que resta de ano e que o concello ten capacidade suficiente como para asumir o servizo “do mesmo xeito que fixeron concellos de menor capacidade económica como o de Vilagarcía”. Lembran ademais que as pretensións do goberno local, que pasan por asinar un convenio con Bombeiros de Vigo ou ben integrarse nalgúns dos parques da Xunta “tamén terá un custe económico para o concello e demorarase aló menos ano e medio, tempo durante o cal o municipio carecerá dun servizo moi necesario por tratarse dun concello con 30.000 habitantes e cunhas características concretas”.

Jonathan Martínez ex Grumir
O ex raballador entende que o concello podería asumir economicamente un servizo estable
Sen servizo
Denuncian que a falta de operarios implica que o concello carece do servizo de emerxencias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará