Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A embarcación de Chapela proclámase Campioa de España na categoría feminina

RR_Noticias

As mozas de Chapela non defraudaron e deron un recital de remo no Campionato de España celebrado a pasada fin de semana en Ferrol. O club conseguiu tamén a cuarta praza na categoría xuvenil feminina. Os equipos galegos dominaron a competición, levando seis dos sete títulos en xogo.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS
Logo de asoballar ás súas rivais no Campionato Galego de Bateis, as representantes de Chapela acadaron tamén o ouro na proba nacional. Cumpríronse os prognósticos, e as mozas da categoría absoluta fixéronse coa bandeira nunha regata que dominaron de principio a fin. Koxtape e Astillero , víronse obrigadas a seguirlle o ronsel, pero tiveron que conformase coa 2ª e 3ª praza, xa que foron incapaces de disputar a supremacía das redondelás. Samertolaméu de Meira foi 4ª.
No seu conxunto os equipos galegos igualaron o domingo a súa mellor marca de vitorias no Campionato de España de bateis, que o o domingo disputou as mangas finais en augas do porto de Ferrol. Os clubs galegos fixéronse con seis dos sete títulos en disputa, tres femininos e catro masculinos. Unicamente a categoría absoluta masculina gañouna un equipo de fóra da comunidade, foi Astillero de Santander, única bandeira que se lles escapou aos equipos galegos. Xa conseguiran seis ouros no ano 1997, e esta vez tamén repetiron, recollendo seis bandeiras de honra, cunha actuación fabulosa e espectacular, porque, ademais, tamén conquistaron tres medallas de prata e cinco de bronce.
Resultados: Promesa feminino: 1.- Amegrove, 4.26:66; 2.- Ares, 4.27:02; 3.- Esteirana, 4.29:31; 4.- Tolosa, 4.30:90; 5.- Astillero, 4.32:62.- Xuvenil feminino: 1.- Robaleira, 9.14:95; 2.- Vilaxoán, 9.15:03; 3.- Cabana-Ferrol, 9.17:57; 4.- Chapela, 9.29:79; 5.- Getaria, 9.48:25.- Absoluto feminino: 1.- Chapela, 9.08:16; 2.- Koxtape, 9.11:94; 3.- Estaleiro, 9.12:11; 4.- Samertolaméu, 9.13:17; 5.- Zumaia, 9.16:50.- Infantil masculino: 1.- Tirán, 4.28:54; 2.- Deusto, 4.32:20; 3.- Robaleira, 4.36:85; 4.- Tolosa, 4.40:08; 5.- Mecos, 4.49:28.- Cadete masculino: 1.- Amegrove, 6.06:76; 2.- Estaleiro, 6.13:52; 3.- Cabo Cruz, 6.15:40; 4.- Castro Urdiales, 6.17:18; 5.- Koxtape, 6.18:68.- Xuvenil masculino: 1.- Rianxo, 8.39:86; 2.- Cabana Ferrol, 8.40:34; 3.- Tirán, 8.42:32; 4.- Vilaxoán, 8.46:99; 5.- Chapela, 8.50:69.- Absoluto masculino: 1.- Estaleiro, 8.14:62; 2.- Trasmiera, 8.16:78; 3.- Kaiku, 8.17:53; 4.- Castro Urdiales, 8.20:37; 5.- Koxtape, 8.23:22.-
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará