Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O voto nulo repartirá 40.000 papeletas en defensa da abstención activa nas eleccións

RR_Noticias

Logo do éxito acadado hai catro anos, cando se contabilizaran preto de 1600 votos nulos nas urnas, a Liga Veciñal polo Voto Nulo volverá desenvolver nas vindeiras semanas unha “campaña” en defensa desta opción como un xeito de manifestar o seu desacordo co actual sistema político.

Para darse a coñecer entre a cidadanía teñen previsto buzonear todo o municipio repartido un total de 40.000 papeletas nas que recollen os 26 argumentos que ao seu entender xustificarían o voto nulo. Motivos tales como a necesidade dunha maior participación cidadá ou un sistema de elección no que os candidatos só poidan ser elixidos por un período máximo de dous mandatos e con listas abertas. Defínense de feito como un grupo de “persoas e colectivos de ideoloxía plural que reclama o cambio do sistema representativo esixindo entre outras a limitación de mandatos, listas abertas, a desprofesionalización da política e a participación continua da cidadanía na toma das principais decisións que máis lle efectan na vida cotiá”. Son conscientes de que é difícil acadar o mesmo éxito de hai catro anos, con case un apoio do 10% dos votantes, entre outras cousas porque a estas eleccións concorren novas formacións políticas que non se presentaran aos últimos comicios electorais. Negan rotundamente que o seu obxectivo sexa facer dano a unha agrupación concreta, xa que aspiran “a recoller o apoio dos votantes insatisfeitos tanto da esquerda como da dereita”

Andrés Laxe – LIga Veciñal polo voto nulo
Repartirán 40.000 papeleas
Cambios na política
Demandan listas abertas e que se limite a 8 anos o máximo que un alcalde poida ocupar este posto
Votantes de esqeurda e dereita
Asuguran que non buscan prexudicar a ningún partido concreto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará