Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Redondela en curto cunha exposición de Angel Barros Montero

RR_Noticias

A mostra inaugúrase esta tarde ás 20:30 horas e contará coa actuación dos redondeláns Belöp. A continuación proxectaranse as curtametraxes “Amistad” de Alejandro Marzoa, “Coser e Cantar” de Rubén Riós, “Escúchame” de Mabel Lozano e o título de animación “Amar” de Isabel Herguera

A VII edición do festival Redondela en curto arranca esta tarde cunha actuación a cargo do grupo redondelán Belöp e a presentación a cargo da actriz galega Camila Bossa ás 21:00 horas. Previamente inaugurarase unha mostra pictórica baixo o título”O privilexio do esforzo” de Angel Barros Montero (Redondela 1935). Un autodidacta que traballou como restaurador no museo do Louvre (París) onde chegou a restaurar obras de Picasso, Sorolla, Tapies ou Matisse entre outros. Logo dun periplo vital que o levou a vivir moi lonxe da súa vila natal, actualmente reside en Reboreda. Proxectaranse esta tarde as primeiras das 16 curtas seleccionadas nesta edición. Unha selección onde, segundo destacaba o director do festival Fernando Carreira “Cuchi” tentouse dar cabida a todos os estilos e xéneros, pasando pola comedia, o drama e, como non, o cine de animación que tamén estará presente nos catros bloques que serán proxectados. Hoxe a entrada será gratuíta do mesmo xeito que o día da clausura, o resto dos pases terán un prezo de 2 euros.

Fernado Carreira "Cuchi" – Director do festival
Barros Montero un autodidacta que traballou no Louvre

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará