Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un fatal accidente acaba coa vida dun veciño de A Portela

RR_Noticias

Os feitos producíanse ao redor das seis da tarde de onte cando o home estaba a limpar unha leira da súa propiedade na zona de A Portela, na parroquia de Cedeira. Por outra banda e practicamente á mesma hora, axentes da Policía Local de Redondela procedían á detención dun mozo de 22 anos veciño de Reboreda acusado dun delito de ameazas e resistencia á autoridade.

Un veciño da parroquia de Cedeira falecía as seis da tarde de onte a consecuencia dun fatal accidente. Os feitos producíronse cando o home estaba a limpar unha leira da súa propiedade na zona de A Portela e, por causas que se descoñecen, precipitábase dende unha altura importante á estrada perdendo a vida no acto a causa do forte impacto contra o chan.
A policía nacional acudiu a identificar o cadáver así como membros de Protección Civil quen participaron nas tarefas de limpeza do vial. Todo apunta a que o causante do accidente tería sido un fatal esvarón xa que os traballos que estaba a realizar a vítima desenvolvíanse nun balado de forte pendente.
Detención dun condutor
Por outra banda e practicamente á mesma hora axentes da Policía Local de Redondela procedían á detención dun mozo de 22 anos veciño de Reboreda acusado dun delito de ameazas e resistencia á autoridade.
Os feitos producíronse na Avenida de Santa Mariña cando os axentes observaron como un mozo que conducía un ciclomotor sen casco se saltaba o semáforo á altura do Conservatorio. Por estes motivos déuselle o alto e comunicóuselle que ía ser sancionado. Como carecía de casco o vehículo foi trasladado ao depósito e no momento en que o guindastre estaba procedendo á retirada do ciclomotor o individuo esixiu aos axentes que o trasladaran ao seu domicilio. Ante a negativa do policía o detido ameazou verbal e fisicamente ao axente, un enfrontamento que acabou nun forcexeo resultando levemente lesionado o axente.
O mozo R.D.A.S., veciño de Reboreda e de 22 anos de idade, pasará hoxe a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará