Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela a semifinais da Copa Deputación

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira estarán na seguinte fase do campionato logo de impoñerse en cuartos ó Cisne. Para chegar á final deberán superar ó BM Lalín. En canto ó fútbol na Preferente Sur, o Choco perdeu pola mínima diante do Cambados en Santa Mariña. Na categoría de Primeira Autonómica sorte desigual para Chapela e Arcade, que loitan pola permanencia.

Balonmán Copa Deputación
Os de Fran Teixeira estarán en semifinais logo de impoñerse ós pontevedreses do Cisne cun apertado marcador de 28-27. Agora terán que pelexar diante do BM Lalín por facerse un oco na final. Os lalinense superaron os cuartos de final ó impoñerse ó Porriño cun abafante marcador de 47-33. O outro finalista sairá do emparellamento entre Cinco Jotas Lavadores e Magope Seis do Nadal. O Peguform SAR quedou fóra do campionato ó caer derrotado en cuartos polo Lavadores por 32-25. As semifinais serán o sábado 30 de abril e a final disputarse o domingo día 1 de maio.
Preferente Autonómica
 Choco 0-1 Cambados
Os redondeláns mereceron máis nun encontro no que foron os claros dominadores. Os de Julio Álvarez controlaron o xogo, pero pasaban os minutos e ningún dos dous equipos creaba ocasións claras de gol. Nos últimos minutos do primeiro tempo o Cambados, nunha xogada de Vila, bate a Solla por baixo e anota o 0-1. Logo do descanso o Choco volveu ser o dominador do xogo, e o empate puido chegar no minuto 60, pero o disparo de Calo bateu no pau. Os redondeláns seguiron cos seus ataques pero a boa defensa do Cambados e o seu porteiro impediron a igualada. Deste xeito o Choco baixa á 11ª praza. Na próxima xornada xoga no campo do Barbadás, 6º clasificado.
Primeira Autonómica
Arcade 2-1 Bouzas B
O Arcade conseguiu sumar tres puntos diante dun Bouzas B matematicamente descendido. Os de Jacobo Montes cumpriron co obxectivo, pero as vitorias dos outros rivais directos fan case imposible a permanencia na categoría para o Arcade. E estamos a dúas xornadas de rematar a liga. A próxima cita téñena no campo do Domaio, equipo da metade da táboa e que xa non se xoga nada nesta recta final.
Marcón 1-0 Chapela
O duro campo de terra do Marcón castigou ós de Luis Ferreira, que viron truncadas as súas aspiracións de garantir a permanencia. Teñen aínda opcións, pero o final de liga será de infarto, xa que hai moitos equipos que poden estar implicados no descenso. A cita do domingo será determinante, reciben ó Vilariño, mellor posicionado na táboa, pero que aínda non ten garantida a permanencia.
Terceira Autonómica
Cesantes descansou. O domingo xogarán no campo do Praderrei, da parte baixa da táboa.
Santomé 5-0 Arcade B
O filial do Arcade recibiu un duro castigo no campo do Santomé. O próximo domingo reciben ó Bueu, da parte alta da táboa.
Pontecaldelas 1-1Soutomaior
Reparto de puntos nun encontro moi igualado. A próxima xornada o Soutomaior recibe ó pechacancelas, o Presqueiras.
Candeán 0-1 Choco
Os redondeláns escalan ata a terceira praza logo da vitoria no campo do Candeán. O domingo reciben ó Valadares, da parte baixa da táboa
Oiense 5-1 Vilar
O Vilar sufriu unha avultada derrota na casa do líder, o Oiense. Os redondeláns reciben na próxima fin de semana ó Vilariño, da metade baixa da táboa.
Nespereira 0-0 Alerta
Reparto de puntos nun encontro sen goles dos de Pazos que o domingo xogan no campo do Louredo, da parte alta da táboa.
Futbol Sala-Autonómica Sur
Pazos 6-1 Redondela
O campión de liga non tivo compaixón dun Redondela moi inferior, e que xogou nunha cancha ateigada de xente debido a festa que tiñan preparada os de Pazos para celebrar o ascenso. O equipo de Manoliño fixo o pasillo de campións ó equipo local. A próxima xornada, que será a penúltima da liga, disputarase o 30 de abril. O Redondela F.S. Recibirá ó Abetos, da metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará