Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O conflito do Norte de África dende a perspectiva saharauí

RR_Noticias

O representante do Fronte Polisario en Galicia, Ahmedu Mojtar participa este sábado nunha charla no Multiusos da Xunqueira organizada polo Colectivo Republicano de Redondela dentro do programa de actos que desenvolven co gallo do 80 aniversario da proclamación da II República.

As revoltas sociais e os movementos reivindicativos que se están a espallar polo Norte de África nos últimos tempos con repercusións en Túnez, Exipto ou Libia entre outros países serán analizados este sábado no Multiusos da Xunqueira dende unha perspectiva particular, a que aportará o representante do Fronte Polisario en Galicia, Ahmedu Mojtar. Unha charla coloquio que organiza o Colectivo Republicano de Redondela dentro do programa de actos que organizan co gallo do 80 aniversario da proclamación da II República. Actos que arrancan hoxe mesmo ás 20:30 horas cunha ofrenda floral ante a foxa común no cemiterios de Os Eidos. As actividades continuarán o sábado coa charla de Mojdar quen abordará a situación actual dos saharauís e analizará os efectos que poderían ter para este pobo os movementos que se están a dar no mundo árabe Dende o Fronte Polisario confían en que de todas estas revoltas saian resultados satisfactorios para estes países e non dubidan en criticar o posicionamento internacional en xeral, e o do goberno español en particular, “que deciden enviar exércitos a Libia para defender resolucións aprobadas in extremis mentres deixan de lado os centos de resolucións que afectan ao Sahara”. A charla será o sábado ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira. Xa o domingo os actos do colectivo republicano concluirán cun xantar de confraternidade ás 14:00 horas no centro social da Miñoteira en Ventosela. Os bonos para asistir a este comida pódense retirar na tenda Cal-3 fotografía, no local Café da Vila ou contactando con calquera membros da asociación.

Ahmedu Mojtar Fronte Polisario
Confía nunha resolución posiiva dos conflitos para os países do Norte de África e tamén para os saharauís
Asumir responsablidades
Reclaman maior contundencia para defender a legalidade no Sahara

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará