Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca en Cedeira un curso de cociña para homes

RR_Noticias

Promover o reparto das tarefas no fogar e dotar aos participantes de habilidades na cociña son os obxectivos dun curso que comezará o vindeiro luns no Centro parroquial de Cedeira. os interesados pódense inscribir no teléfono 986 40 39 75 

Organizado pola Concellaría de Igualdade este curso, incluído no Programa Compartindo o tempo, ten como obxectivos conseguir unha situación plena de co-responsabilidade, eliminar os estereotipos existentes sobre o reparto das tarefas e responsabilidades no fogar, e dotar aos participantes de habilidades e coñecementos precisos sobre a cociña.
O curso incluirá unha parte teórica que será impartida pola especialista en consumo Nieves Cuellar encargada de ensinarlles aos participantes distintas técnicas para a conservación, manipulación e etiquetado de alimentos, a compra responsable e o coñecemento de produtos de tempada. A parte práctica será impartida por Elena Argüello, cociñeira profesional con ampla experiencia como docente, que ensinará aos participantes a elaboración práctica de diferentes pratos de cociña.
O Curso, que comezará o vindeiro 4 de abril, desenvolverase os luns, de 20.00 a 22.00 horas, no Centro Cultural de Cedeira, para o que haberá que realizar unha inscrición previa na sede do Centro Cultural de Cedeira ou chamando ao número de teléfono 986 40 39 75.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará