Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O museo de Rande, un novo pavillón e un centro de día proxectos estrela no Marisma +

RR_Noticias

O pleno de Redondela aprobou na xornada de onte por unanimidade as actuacións contempladas no Proxecto Marisma +, un plan cofinanciado entre o Concello e o Plan Feder cun investimento total de 4’8 millóns de euros.

Un ambicioso plan de actuacións que contempla entre outras a construcción do futuro centro de interpretación da Batalla de Rande por valor de 1.200.000 euros así como un acceso peonil que servirá para poñer en valor as ruínas do Castelo. Outras actuacións que se prevén realizar dentro deste proxecto é un novo paseo marítimo en Chapela e o investimento de 2.400.000 euros nun novo pavillón de deportes en Redondela que se empregaría tamén para albergar feiras monográficas. Ademais de actuación puramente culturais contémplase tamén a construcción dun centro de día nas instalacións do Colexio de Trasmañó, actualmente pechado. Unha dotación asistencial que suporía completar o número de prazas que vai ofertar o Centro de Cesantes. O voceiro do PSOE González Iglesias destacaba ademais que esta obra suporá a creación de postos de traballo Dende o PP apoiouse o proxecto pero criticouse a “improvisación na súa tramitación” cando hai un mes anunciaban que “as instalacións do Colexio de Trasmañó ían albergar un centro de formación e agora nos anuncian que se vai reconverter en centro de día” así como a falta de tempo para analizar o conxunto de actuación máis polo miúdo En total o proxecto contempla o investimento de 4’8 millóns de euros que serían cofinanciados entre os fondos europeos Feder e o Concello. Así nos vindeiros tres anos as arcas municipais aportarían 1’4 millóns mentres que de Europa chegarían os 3’4 millóns restantes. González Iglesias confía en que Redondela reciba estas achegas “por ser o único concello de Galicia que ten concluído en prazo o proxecto anterior”.

Emilio González PSOE
O pavillón e o museo de Rande son dous dos proxectos enmarcados no plan Marisma +
Centro de día
O Colexio de trasmañó albergaría este servizo
Orzamentos
O plan sería financiado entre os fondos Feder e o Concello
Alberto Pazos PP
Os populares criticaron a "improvisación" do bipartito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará