Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Frantasmas de Acontrabutaca no Multiusos

RR_Noticias

Produccións Acontrabutaca presentan este sábado 26 de marzo ás 20.00h no Multiúsos da Xunqueira de Redondela a obra Franstasmas. Unha “comedia detectivesca” posta en escena da man de Fran Ameixeiras, Fan Rei e Fran Campos.

O argumento xira en torno ás peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha estraña maldición familiar… Dirixida por Xosé Lueiro e coas achegas do mestre de humor David Ottone do grupo Yllana, Frantasmas é unha comedia do absurdo onde o gag,os efectos sonoros e as influencias cinematográficas teñen unha presenza importante. A escenografía permitirá ao espectador trasladarse a un antigo caserón de estilo victoriano onde as cadeiras se moven soas, as chemineas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan os inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos.

Fran Ameixeiras actor
Un dos actores fálanos do argumento da obra
Unha comedia disparatada
A obra está a ter un gran éxito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará