Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo de títeres Tanxarina recibe dous premios María Casares pola obra “Trogloditas”

RR_Noticias

Os Trogloditas de Tanxarina veñen de acadar dous galardóns na XIV edición dos premios María Casares, concretamente os premios de mellor maquillaxe e mellor vestiario (Carlos Alonso) para a última montaxe protagonizada por Miguel Borines, Eduardo Rodríguez “Tatán” e Andrés Giraldez baixo a dirección de Evaristo Calvo.

Un espectáculo que abría recentemente o ciclo do Teatarte e no que os actores protagonistas conseguen trasladar o espectador até a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario impactante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe.
Nos premios que se entregaban onte a gran triunfadora foi Un cranio furado, que levou un total de cinco galardóns. A produción dirixida por Quico Cadaval levou os premios ao mellor espectáculo, o mellor actor protagonista (Evaristo Calvo), o mellor actor secundario (Santi Romay), a mellor adaptación (Avelino González) e a mellor escenografía (Marcelino de Santiago Kukas).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará