Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG chama aos redondeláns a manifestarse este domingo en Compostela

RR_Noticias

A manifestación baixo o lema “Galiza tén dereito. En defensa do emprego, do aforro e do País” desenvolverase o domingo 13 na Alameda de Santiago ás doce do mediodía. O BNG de Redondela fretará un autobús que sairá dende a explanada de depuradora na Avenida Mediño ás 10:30 horas para regresar cando remate a protesta. Os interesados poden reservar no teléfono 645175873, o prezo do billete ida e volta é de 5 euros.

Dende o BNG animan aos veciños a participar desta mobilización, co obxectivo de amosar a súa oposición ás políticas que están a desenvolver dende PP e PSOE e que cualifican de “ataque continuado aos sectores productivos galegos, que se ven agravados coa privatización da Caixa”.
Aseguran dende a formación nacionalistas que a situación é especialmente preocupante na nosa comarca onde o “desemprego chega a cotas ata agora inimaxinables superando os catro mil parados e paradas”.
Estos días a militancia do BNG de Redondela repartíu información sobre as causas que levaron á convocatoria da manifestación. O domingo pasado na feira de Redondela, e este mércores en Chapela, repartíronse panfletos onde se chamaba á cidadanía a mobilizarse posto que os galegos e galegas temos dereito a traballar e producir no noso País.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará