Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Teatrarte retoma a programación coa Nona de teatro do Morcego

RR_Noticias

O humor e as situacións delirantes volverán estar sobre o escenario este sábado coa última das propostas da compañía Teatro do Morcego, baseada nunha novela do autor arxentino Roberto Cossa.

Baixo a dirección de Celso Parada, “A Nona” cóntanos a historia dunha familia arxentina de orixe italiana que se enfronta a graves problemas económico por mor da avoa xa centenaria que come sen parar. Para tentar amañar a situación os membros da familia idean todo tipo de artimañas para sacar cartos, como tentar casar á avoa ou poñela a pedir esmola. Cando comproban que nada funciona deciden asasinar á nona, pero serán os membros da familia os que resulten mortos neses intentos. O elenco está formado por Miguel Pernas, Mundo Villalustre, Mónica Camaño, César Martínez “Goldi”, Elina Luaces, Miguel Varela e Iolanda Muiño. A obra poderase ver o sábado no Multiusos ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 4 euros para o público en xeral, dous para estudantes e xubilados.

Celso Parada Teatro do Morcego
Unha comedia delirante
Trailer "A Nona"
A avoa é a protagonista da ora de Cossa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará