Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha vertedura tingue de branco o río Alvedosa

RR_Noticias

A contaminación, de cor gris-branquecino, foi detectada a primeira hora da mañá. A concellería de Medio Ambiente revelou que os informes determinan que procede das obras do AVE. O Concello remitiu a información a Augas de Galicia, organismo responsable de actuar nestes casos.

O último episodio de contaminación no río Alvedosa detectouse a primeira hora desta mañá. O informe dos inspectores de Medio Ambiente revela que a vertedura procede das obras do túnel do AVE, que se están a realizar no Val do Maceiras. Segundo explicou o concelleiro, Carlos Pazos, xa se deu conta do suceso a Augas de Galicia, organismo responsable. O edil de Medio Ambiente denuncia a “reiteración” destes vertidos, e agarda que o organismo dependente da Xunta tome medidas ó respecto para evitalas nun futuro. Desde que comezaron os traballos do tren de alta velocidade foron frecuentes os arrastres de material das obras ata o río, especialmente en época de fortes chuvias. O caso de hoxe é “especialmente grave” segundo Pazos de Campo, xa que se produciu nunha xornada na que non se rexistraron precipitacións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará