Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello esixirá á Consellería de Educación a construcción do patio cuberto en Santa Mariña

RR_Noticias

O goberno local rexeita financiar a obra con fondos municipais por tratarse dunha actuación de “competencia autonómica”. Pais e nais do centro educativo protagonizaron unha sonora protestas ás portas do Concello mentres no interior a Corporación acadaba un acordo unánime para esixir á Xunta que constrúa o patio cuberto.

Todos os grupos políticos presentes na corporación municipal estiveron de acordo onte en dar o seu apoio a unha moción presentada polo BNG para reclamar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que concrete os prazos e orzamentos para a construcción dun patio cuberto no colexio de Santa mariña. Pola contra rexeitouse a proposta presentada polo PP, un grupo que solicitaba que dita obra fora executada con fondos municipais. Os populares, a través do seu voceiro Alberto Pazos, recoñecían que a obra é competencia autonómica, pero argumentaban que “ao non existir orzamento na consellería para acometer esta actuación”, ben podería ser o concello quen asumise o seu custe habilitando unha partida dos 1.400.000 euros que o concello dispón para “obras sen determinar”. Unha petición que dende o Bloque cualificaban de “despropósito” mentres acusaban á Consellería de estar á abusar da paciencia dos pais con promesas que nunca chegan a cumprir. Da mesma opinión se mostraban no PSOE. O socialista Emilio González Iglesias entende que “non é creible” que no inicio do ano a Consellería careza de orzamento e menos cando se está a falar dunha cantidade menor, que rolda os 200.000 euros e engadía que o Concello non pode asumir unha obra que non é da súa competencia e que os cartos dos que dispón o concello son exclusivamente para realizar “obra municipal”. Finalmente a moción dos populares foi rexeitada mentres que si se aprobaba e de xeito unánime a presentada polo BNG. Unha decisión que era aplaudida por parte de pais e nais que durante toda a sesión permaneceron ás portas da casa consistorial par facer oír as súa petición. Dende a ANPA “Ernestina Otero”, José Manuel Quinteiro mostraba a satisfacción do colectivo e confían en que este apoio explícito do Concello poida acelerar a construcción do patio. Con todo continuarán coas protestas e anuncian que a partir do 3 de marzo todos os xoves atrasarán a entrada dos nenos nas aulas. Criticaban a postura do PP por unha moción que cualificaban de “electoralista” e por acusar ao bipartito de non facer en catro anos unha obra que os gobernos populares na Xunta nunca acometeron.

Rosa Costas BNG
Esixen que sexa a Consellería quen asuma a obra
Alberto Pazos PP
Os populares propoñen como alternativa que o Concello asuma a obra
Emilio González Iglesias PSOE
Os socialistas entenden que a Xunta está a castigar a Redondela
José Manuel Quinteiro ANPA
Amósanse satisfeitos polo acordo pero continuarán as mobilizacións
Tita Orge ANPA
Esta nai critica a postura defendida por algúns partidos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará