Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela aguanta o tirón da Primeira Autonómica

RR_Noticias

Recentemente ascendido a unha categoría “moi competitiva”, o equipo redondelán pelexa por non descender. Os de Luis Ferreira estanse a curtir nesta liga, e coa vitoria do domingo no campo do Caselas dan un paso importante na clasificación. Pero a permanencia nunca está asegurada nunha categoría na que poden descender ata cinco equipos. Este domingo tentarán seguir coa senda positiva en Chapela cun triunfo diante do Valadares.

A categoría é dura, moi competitiva, e os xogadores do Chapela son “novatos” na Primeira Autonómica. Pero o adestrador, Luis Ferreira, quixo apostar polos rapaces que acadaron o ascenso a pasada temporada, e os resultados están a ser cada vez mellores. Con todo, o equipo atravesou unha mala racha de baixas que o privou dalgúns xogadores que o técnico considera “moi importantes” e que agarda poder recuperar nas próximas xornadas. A vitoria do pasado domingo no campo do Caselas foi un paso importante para o equipo, non só porque supón tres puntos de ouro para manter as opcións da permanencia, senón porque demostra que o Chapela é quen de gañar na súa casa a un dos equipos máis fortes da liga. O triunfo permite ó Chapela manterse na 14º posición da táboa. Pero a permanencia nunca está asegurada nunha categoría na que poden descender ata cinco equipos. Con todo, Ferreita confía nos seus xogadores, entende que van “polo bo camiño” e que xornada tras xornadas se nota “a melloría do equipo”, que vai collendo experiencia na categoría. Este domingo tentarán seguir coa senda positiva en Chapela cun triunfo diante do Valadares, aínda que asumen a dificultade. O adestrador sinala que será un partido “difícil” diante dun rival “duro e rochoso”, pero confía nas posibilidades dos seu equipo.  

Luis Ferreira adestrador
O técnico entende que o equipo vai "polo bo camiño".
Chapela-Valadares
Ferreira confía nas posibilidades do Chapela aínda que recoñece que será un rival "moi difícil".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará