Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debaterá a construcción dun patio cuberto no Colexio de San Mariña

RR_Noticias

A sesión ordinaria que se celebra este mércores día 23 abordará a construcción dun patio cuberto no Colexio de Santa Mariña. O BNG presentará unha moción instando o apoio do resto dos grupos para esixir á Consellería que acometa esta actuación.

Trátase dunha dotación que pais e nais veñen demandando dende hai meses, sen que a Consellería teña accedido ás súas demandas alegando a falta de orzamento na administración para abordar unha obra que ascendería a 200.000 euros.
Nesta ocasión o debate chegará tamén ao pleno da man dunha moción presentada polo BNG quen reclamarán ao resto dos grupos o seu apoio para esixir á Consellería de Educación que concrete os prazos e orzamentos para a construcción dun patio neste centro educativo.
Dende o bloque lembran que esta mellora beneficiaría a máis de catrocentos nenos e nenas de entre os seis e os doce anos que cursan neste centro escolar. Alumnos que nos días de choiva non poden gozar do tempo de lecer no exterior e que ven reducidas tamén a súa actividade de educación física, docencia que tampouco se pode desenvolver cando a meteoroloxía é adversa.
Pais e nais teñen previsto acudir a esta sesión plenaria que se celebrará o mércores ás 19:00 horas para coñecer de primeira man cal é o posicionamento de todos os grupos con representación na corporación e forzar tamén a que atendan as súas reclamacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará