Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Sar afúndese ante o Cinco Jotas e o Chapela afiánzase na segunda praza tras vencer ao Novás

RR_Noticias

O Paraxe Chapela acadou esta fin de semana un triunfo importante na súa visita ao campo do Mecalia Novás (18-28), vitoria que situa ao equipo na segunda praza da categoría. A SAR sufría unha nova derrota no seu enfrontamento co Cinco Jotas, equipo que venceu o partido por 31 goles a 23.

A Sar afúndese logo dunha nova derrota ante o Cinco Jotas. O equipo vigués solventou con comodidade o seu compromiso ante os redondeláns, a quen venceron por 31 goles a 23. Os de Javier Barrios enfróntanse a unha difícil situación no penúltimo posto da táboa e con tan só 8 puntos no seu haber. A Peguform xoga o seu próximo encontro na bomboneira, onde recibirá a un duro rival, o Calvo Xiria terceiro da categoría.
Pola súa banda, os de Chapela deron esta fin de semana un golpe de autoridade en O Rosal, de onde se levaron unha vitoria incontestable ao gañar ao Mecalia Novás por 18 goles a 28.
Primeira media hora do partido onde os de Fran Teixeira conseguiron desconcertar aos anfitrións, quen foron incapaces de frear aos de Chapela para chegar ao final do encontro coa avultada vitoria que lle permite ao Paraxe escalar unha posición.
O Chapela dende unha cómoda segunda praza recibirá na vindeira semana no pavillón da parroquia ao Gijón, un encontro de máxima rivalidade e onde non faltará de seguro o bo balonmán, xa que se enfrontan os dous primeiros da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará