Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ministerio de Fomento amplía o prazo de alegacións da A-59 ata o 3 de Marzo

RR_Noticias

Dous técnicos do Concello continuarán informando aos veciños do trazado en horario de 9:00 a 14:00 no Multiusos da Xunqueira. A Plataforma Cidadá entregou onte a súa alegación en Pontevedra na que demandan a paralización do proxecto entre outras razón por non terse “realizado un estudo de impacto ambiental de este trazado concreto, senón partindo das abstraccións do estudio informativo, publicado hai xa tres anos”.

O Ministerio de Fomento decidiu prolongar o período de exposición pública e alegacións do proxecto da autovía A-59 entre Pontevedra e Peinador ate os primeiros días de marzo concretamente ata o xoves día 3 debido ao atraso que sufriu a publicación do anuncio en prensa.
Ata esa data as persoas interesadas en ver os planos e coñecer máis polo miúdo o trazado elixido por Fomento poderán contar co asesoramento de dous técnicos que os atenderán en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas no Multiusos da Xunqueira.
Alegación da Plataforma
A Plataforma Cidadá contra a Autovía presentou xa a súa alegación apoiada polas sinaturas de 1.600 cidadán  e a adhesión explícita de 57 colectivos, entre os que están asociacións de veciños, federacións de asociacións de veciños, comunidades de montes, mancomunidades de montes, comunidades de augas, asociacións culturais, grupos ecoloxistas e partidos políticos.
Ademais de remarcar os efectos negativos que a obra terá para o territorio por onde discorre e o “malgasto de cartos que supón un proxecto innecesario” no escrito alegan que non existe un estudo de impacto ambiental do trazado concreto que quere aprobar o Ministerio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará