Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demandan a construcción de beirarrúas na N-555 ao seu paso por Cedeira

RR_Noticias

Os populares critican que a situación continúa como hai 20 anos na estrada que comunica Redondela co aeroporto “sen beirarrúas nin beiravías, existen moitas zonas estreitas, cambios de rasantes perigosos e cunetas sen protección, ao que se lle engade o tránsito continuo de vehículos pesados”

O Partido Popular de Redondela amosa a súa preocupación ante o estado no que se atopa a estrada N-555 que une o centro da vila con Peinador, atravesando varios barrios da parroquia de Cedeira. O candidato do PP, Javier Bas asegura que “a inseguridade que padecen veciños e viandantes é a mesma hoxe que hai 20 anos” xa que a estrada carece de beiravías e beirarrúas, existen moitas zonas estreitas, cambios de rasante moi perigosos e cunetas sen protección, que en algúns puntos teñen máis de 70 centímetros de profundidade.
A maiores, o límite de velocidade mantense nos 60km/hora permitíndose o adiantamento en moitas zonas e o tránsito de camións e vehículos pesados é constante ao longo do día, tendo en conta ademais as molestias xeradas nos últimos anos por mor das obras do AVE.  Ante esta situación de inseguridade viaria, ademais dos problemas de ruído e po, os veciños da zona non deixan de reivindicar os seus dereitos.
Por todo elo, dende o PP de Redondela instan ao goberno local a garantir a seguridade viaria nesta estrada, solicitando a instalación da sinalización axeitada, adecuando a velocidade a unha zona poboada e construíndo beiravías e beirarrúas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará