Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación non financiará o patio cuberto do colexio Santa Mariña

RR_Noticias

Os pais reunidos onte co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, continuarán coas súas demandas e non desbotan trasladar as mobilizacións a Santiago para reclamar un patio que permita aos alumnos saír ao recreo en días de choiva.

O responsable de ensino en Vigo foi tallante á hora de dar unha resposta as demandas da ANPA do Colexio de primaria de Redondela. Pérez Ares asegura que non hai cartos para financiar a construcción dun patio cuberto neste centro educativo xa que as partidas orzamentarias coas que conta a Consellería non permiten asumir esta actuación. O responsable de educación trasladoulles aos pais como única solución posible negociar co concello para cofinanciar unha obra que segundo un orzamento elaborado polos técnicos municipais ascendería a 200.000 euros. Dende a ANPA José Manuel Quinteiro explicaba que a solución non lles convence xa que se trata dunha obra que ao seu entender  ” competencia da Consellería”. O colectivo de pais reunirase o vindeiro mércores e non desbotan futuras accións protesta como desprazarse a Santiago e concentrarse ante o edificio de San Caetano.

José Manuel Quinteiro ANPA do Santa Mariña
A Consellería argumenta que carece de orzamento para financiar a obra
Novas mobilizacións
Os pais reuniranse o vindeiro mércores para decidir qué medidas adoptar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará