Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concurso de artesanía para mulleres en Soutomaior

RR_Noticias

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Soutomaior convoca o I concurso de deseño artesanal Arte-sá orientado a mulleres. As participantes deberán presentar antes do 7 de febreiro unha insignia ou agasallo elaborada de xeito artesanal empregando calquera tipo de material: coiro, madeira, pintura, cartón ou outros.

A peza elixida protagonizará a campaña municipal do 8 de marzo e a gañadora recibirá un premio dotado con 600 euros. A cambio comprométese a realizar 150 unidades artesanais que se entregarán entre as usuarias do CIM o Día internacional da muller Dende este departamento animan a todas as mulleres a participar, lembrando que deberán entregar as obras nun sobre ou caixa pechada xunto cun papel no que consten os datos persoais da autora así como o título da obra e unha breve explicación da mesma. A concellería ten aberto ademais o prazo de inscrición para participar en diferentes actividades como un obradoiro de teatro para adultas ou un obradoiro de memoria, orientado a maiores de 45 anos que queiran coñecer técnicas e desenvolver habilidades de cara á mellorar as súas capacidades para aumentar ou mellorar a súa memoria. Tamén está aberto o prazo para participar dun curso de customizaxe que arrancará a mediados de mes e que permitirá modernizar obxectos ou prendas de vestir. Non hai que esquecer os cursos de cociña, tanto o de decoración de repostería como o de conservas, que permitirán aos asistentes obter coñecemento neste ámbito. Os interesados poden inscribirse no CIM de Arcade ou no teléfono 986 701227.

Cristina García técnica do CIM
O concurso está orientado a mulleres
Obradoiro de cusomización
A gastronomái e as manualidades centran outras das actividades que organiza o CIM

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará