Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta invita ao concello a participar na mesa de traballo sobre o Porto de Cesantes

RR_Noticias

O candidato popular Javier Bas rexeita as críticas que cualificaban de “acto meramente electoralista” o proxecto presentado por Portos de Galicia para as instalacións portuarias de Redondela e asegura que se trata dunha “resposta en firme ás demandas de mariñeiros e mariscadoras”.

Portos de Galicia reiterou o seu “compromiso co desenvolvemento definitivo das instalacións portuarias de Cesantes cun  Plan de Inversións de 6 millóns de euros para a zona”. Dada a magnitude deste proxecto, o ente público aposta por traballar conxuntamente con todos os sectores e administracións implicadas para optimizar o seu desenvolvemento.
Por este motivo invitan á Corporación de Redondela a participar na mesa de traballo que se iniciará o próximo venres co obxectivo de avanzar na concreción dos proxectos. A este respecto, insisten en que se dará prioridade á futura lonxa, cuxo proxecto construtivo está xa redactado.
Dende o PP local, o seu candidato á alcaldía Javier Bas quixo saír ao paso das críticas emitidas dende o goberno de Redondela que acusaban a Portos de Galicia de protagonizar un acto electoral co anuncio do proxecto para a zona portuaria de Cesantes. Asegura o popular que o plan de remodelación para o porto “é de vital importancia para Redondela, non só para Cesantes senón para todo o municipio, e é a resposta, firme e comprometida, da Administración autonómica que viñamos esperando para dar solución e proxección ao noso porto”.
Acusa aos seus críticos “de non saber interpretar este proxecto portuario como algo construtivo para o futuro de Redondela nin de escoitar a voz da veciñanza, poñendo dun xeito equivocado o acento na interpretación política dun proxecto que beneficia a ao municipio, especialmente a varios sectores económicos e a colectivos que dependen directamente do mar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará