Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consello parroquial de O Viso reúnese para analizar a A-59

RR_Noticias

O Concello de Redondela ten convocado para hoxe ás 20:00 horas unha reunión do Consello parroquial de o Viso para analizar o trazado da futura autovía A-59 e a preocupación existente entre os colectivos da parroquia ante a construcción desta infraestrutura.

A xuntanza, que terá lugar hoxe mércores ás 20:00 horas no Antigo preescolar da parroquia, foi solicitada por diversas asociacións ante a preocupación que suscita entre os veciños a construcción da infraestrutura logo da recente publicación do proxecto por parte de Fomento.
Varios colectivos sociais teñen expresado o seu rexeitamento a este vial polos prexuizos que causará nas parroquias que atravesa, así como a dificultade de identificar as propiedades afectadas a partir da documentación que estes días se pode consultar no Multiusos da Xunqueira en horario de mañá de 9:00 a 14:00.
Lembramos que aínda que a exposición pública do proxecto prolongarase ata o 22 de febreiro, o prazo de presentación de alegacións remata o vindeiro día 10.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará