Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incerteza na confraría ante a visita do presidente de Portos a Cesantes

RR_Noticias

O responsable do ente público Portos de Galicia, José Álvarez-Campana confirmou que mañá xoves ás 12:30 horas achegarase á confraría para presentar o “megaproxecto” que a Xunta está a preparar para Cesantes e que fora anunciado hai un mes dende as filas do PP. Representantes da confraría adiantan que non aceptarán “un proxecto sen prazos e orzamentos”  

Dende a confraría de Redondela acóllese a visita con expectación á espera de coñecer en qué se concreta o proxecto que Portos prepara para unha das lonxas máis importantes da provincia con 360 socios pese ao cal conta con carencias notables. Lembra o patrón maior, Clemente Bastos, que a proposta que mañá faga o responsable do ente público Portos de Galicia, ten que incluír necesariamente unhas serie de obras na lonxa orientadas a mellorar as instalacións e que pasan necesariamente por instalar cámaras de frío e xeo así como depósitos de auga salgada para gardar os moluscos e dotar a instalación de vestiarios para os traballadores do mar. Solicitan tamén a mellora do varadoiro para evitar que os propietarios de barcos teñan que levar as súas embarcacións a outros peiraos co conseguinte custe económico. O patrón maior amósase belixerante logo de anos de espera e anuncia que os membros da confraría non se conformarán con promesas electorais e esixirán que o proxecto que mañá se presente na lonxa “conteña prazos e orzamentos”. En caso contrario non desbotan iniciar un calendario de mobilizacións.

Clemente Bastos patrón maior
O responsable da confraría lembra as demandas dos traballadores do mar en Cesantes
Orzamentos e prazos
O patrón maior asegura que non se confromarán cunha "promesa electoral"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará