Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CIG chama aos traballadores a saír á rúa este xoves co gallo da Folga Xeral

RR_Noticias

Unha mobilización en contra das “políticas anticrise” adoptadas polos gobernos ou en proceso de negociacións tales como a reforma laboral e a pretensión de reformar o sistema público de pensións co atraso na idade de xubilación entre outros puntos. A manifestación convocada pola CIG partirá ás doce do mediodía dende a Dobrada.

Medidas de carácter xeral algunhas das cales están a golpear de xeito especial tanto á comarca viguesa como ao resto de Galicia, onde segundo explicaba o Secretario Comarcal da CIG, Serafín Otero “dáse unha situación máis complicada cun crecemento continuo do paro”. Conscientes de que a falta de unidade sindical é sempre un problema estiman que a convocatoria será apoiada masivamente polos traballadores. Descoñecedores do que finalmente decidan facer os operarios de PSA Citroen entenden que transporte e industria vanse paralizar na xornada do xoves 27. Unha vez máis critican a decisión de CCOO e UGT de non sumarse á convocatoria a pesar de ter afirmado no seu día que sairían á rúa no caso de que o goberno non renunciase á súa pretensión de adiar a xubilación aos 67 anos. Modificación que a día de hoxe parece inamovible pese ao cal os sindicatos estatais renunciaron a secundar o paro xeral. As doce do mediodía partirá dende a Dobrada en Vigo a manifestación convocada pola CIG que concluirá na Porta do Sol sobre as 14:00 horas

Serafín Otero Secretario comarcal CIG
O representante sindicalista explica os motivos da mobilización
Previsións de cara á folga do xoves
Estiman que se paralizará industria e transporte
Críticas aos sindicatos estatais
CCOO e UGT foron convidados a sumarse á folga xeral pero decidiron non secundar o paro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará