Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quén anda ahí? unha mostra colectiva na Casa da Torre

RR_Noticias

Seis artistas decidiron unir as súas propostas creativas para deixarnos unha mestura de estilos, técnicas e materiais nunha mostra colectiva que se pode ver ata finais de mes na Casa da Torre baixo o título xenérico de “Quen anda ahí?”

Marga Araujo, María Arias, Olalla barrosa, José Luís Bueno, Lucía García e Hugo Crespo son os autores das obras que conforman esta instalación feita especificamente para o albergue de peregrinos e que xurdiu da experiencia que os artistas tiveron ao visitar por primeira vez este espazo tan pouco convencional. Impresionados polo edificio, sobre todo polo segundo andar no que se conserva un pombal e dúas ventás con asentos de pedra, onde se pode observar sen ser visto. Os autores déixannos títulos como “sedimento xenealóxico” ou “gracias pos el pastel, estaba exquisito” ou “autómatas”. Crespo Pazos pola súa banda proponnos un percorrido fotográfico por algúns recunchos e rúas da zona vella da vila. Imaxes en branco e negro coas que o seu autor nos quere achegar ao cine. Un xogo coa experiencia de observar e ser observado que se pode visitar ata o 30 de Xaneiro.

Hugo Crespo artista
O redondelán decantouse pola fotografía en branco e negro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará