Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota do Choco nun encontro aburrido

RR_Noticias

Un único gol do Hío deixou sen premio ós de Julio Álvarez no encontro disputado en Santa Mariña, no que non houbo demasiadas ocasións de gol para ningún dos equipos, e un reparto de puntos tería sido o máis xusto. A derrota dos redondeláns impídelles seguir escalando postos cara a parte alta da táboa.

Preferente Autonómica
Choco 0 – 1 HíoOs do Morrazo impuxéronse onte en Santa Mariña cun gol de Berto, no minuto 75 do partido. Así comezou a segunda volta para os redondeláns. O encontro, non que non houbo demasiadas ocasións de gol, comezou con dominio do Choco, que se foi arriba coa intención de sumar os tres puntos que lle terían permitido seguir escalando posicións. Pero aínda que tiveron dúas ocasións claras no primeiro tempo, con xogadas de Bruno e Calo, pero non se materializaron, no primeiro caso pola boa intervención de Rober, o porteiro de Hío, e no segundo caso por saír fóra. E en toda a primeira metade o Cruceiro limitouse a defender . Xa despois do descanso os redondeláns seguían con intención de facerse co partido e adiantaron as liñas, aínda que sen resultado. E no minuto 75 un xogador do Cruceiro, Berto, fixo un disparo cruzado desde a banda esquerda anotando o 0-1 no marcador, que sería definitivo. E a partir de aí o encontro en Santa Mariña transformouse nun xogo aburrido, sen máis ocasións claras para ningún dos dous equipos, e o máis xusto tería sido un empate. Os de Julio Álvarez manteñen a 11ª praza do grupo. Na próxima xornada xogan no campo do Céltiga, equipo co que están empatados a puntos.
Primeira Autonómica
Chapela 1-4 Domaio
O Chapela comezou a segunda volta desta liga con dificultades, e está situado nunha complicada situación na táboa. A derrota diante do Domaio afúndeos na 14ª situación da táboa. Os do Morrazo, que veñen de reforzarse con varias fichaxes, foron superiores ós de Luis Ferreira e golearon ós locais. O Chapela, que ven de ascender a esta categoría, comezou a competición con solvencia, a pesar de ser un equipo novo. Pero a sorte virou no mes de decembro, cando acumularon numerosas baixas. Con esta nova derrota o Chapela cae unha posición na táboa, son 15º, e na próxima xornada desprázanse para xogar no campo do Moaña, situado na 9ª posición da táboa.
Arcade 3-3 Valadares
Partido moi igualado o disputado no campo do Salgueirón, que chegou ó descanso con vantaxe para o Valadares. Pero xa no segundo tempo os de Jacobo Montes tentaron facerse co partido e conseguiron a igualada nun encontro con moitos goles. O empate permítelle ó Arcade escalar un posto, son 14º, por riba do Chapela.O próximo domingo teñen unha saída moi complicada, xogan no campo do Mondariz, o segundo na táboa, que está empatado a puntos co líder, o Salvaterra.
Terceira AutonómicaCesantes 4-1 Moraña
Os redondeláns gañaron por goleada a un dos equipos fortes do grupo, con tantos de Iván, por partida dobre, Carelo e Cabaleiro. Un encontro moi intenso no que o Cesantes xa chegaba ó descanso cun marcador favorable de 1-0. A vitoria deixou ós de Redondela unha posición máis arriba, son 9º. O domingo teñen unha saída moi complicada, xa que xogan no campo do Beluso, o líder do grupo.
Cruceiro B 1-0 Arcade B
Os de Hío deixaron sen premio ó filial do Arcade, que perdeu pola mínima nun dos campos máis complicados da categoría, e agora os de Soutomaior son 11º. O próximo domingo continúa a competición, e o Arcade B recibe ó Caroi, un dos equipos da parte baixa da táboa.
Santomé 1-1 Soutomaior O partido prometía moita igualdade entre dous equipos que presentaban os mesmos números e así foi. Reparto de puntos no campo do Santomé con empata a 1 gol. O resultado fai que os dous equipos baixen posicións, xa que gañaron os seus encontros os rivais directos. Agora o Soutomaior é 8º, e a próxima xornada reciben ó Bueu, o 6º clasificado.
Moledo 1-2 ChocoOs redondeláns comezaron a segunda volta con vitoria, non fallaron os redondeláns no campo do pechacancelas e suman tres puntos que os fan subir ata a 8ª posición da táboa. A próxima xornada reciben ó Lavadores, o 5º clasificado.
Vilar-descansou
Están na 12ª posición da táboa, e na próxima xornada volven á competición nun campo complicado, o do Tyde, 4º clasificado
Nespereira 1-2 Liréns
O Nespereira comezou a segunda volta cunha derrota, o que os fai caer dúas posicións na táboa, ata a 12ª . E a próxima xornada teñen unha saída complicada, xa que xogarán no campo do líder, o Cañiza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará