Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Chapela premiado polo Ministerio de Educación

RR_Noticias

Un traballo elaborado por dúas alumnas do centro baixo o título “Ojos tristes, mirada baja, boca cerrada” recibirá 2.000 euros pola súa contribución á prevención e erradicación das condutas violentas

Dúas alumnas do IES Chapela (Redondela) veñen de ver recoñecido o seu traballo na prevención da violencia contra as mulleres no certame ‘Irene: la paz empieza en casa’, no que resultaron galardoadas cun segundo premio na modalidade de alumnado. O traballo gañador ‘Ojos tristes, mirada baja, boca cerrada’ foi escollido pola súa contribución á prevención e erradicación das condutas violentas, e á promoción da igualdade e a cultura da paz. O Ministerio de Educación, organizador do certame, recompensará ás galardoadas cun premio de 2.000 euros.
Os ‘Premios Irene: la paz empieza en casa’ pretenden desenvolver estratexias de convivencia igualitaria entre mulleres e homes, no marco dunha sociedade na que é necesario fomentar os valores de igualdade e non discriminación en función do sexo; así como os de convivencia e resolución pacífica dos conflitos.
O obxectivo final do certame é promover a difusión destes valores na comunidade educativa, co fin de previr a violencia contra as mulleres e promover a igualdade real de mulleres e homes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará