Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Cesantes un condutor que triplicaba a taxa de alcol permitida ao volante

RR_Noticias

Unha patrulla da policía local de Redondela detivo na madrugada de hoxe a un veciño de Vigo, Manuel G.G. de 48 anos de idade logo de realizárselle un control de alcoholemia e presentar unha taxa de alcol en sangue de 0’87.

Os feitos producíronse ás 3:15 da madrugada de hoxe cando os axentes que se dirixían cara Cesantes pola N-550 detectaron que o vehículo que os precedía estaba a realizar manobras irregulares e a conducir en zig zag. Coas luces indicáronlle ao condutor, un veciño de Vigo de 48 anos de idade, que se detivese e se lle ordenou que saíse do vehículo. Logo de comprobar que presentaba os síntomas propios de quen se atopa baixo os efectos do alcol, fíxoselle a correspondente proba dando unha taxa de 0’87 motivo polo que se procedeu a súa detención e á inmobilización do vehículo.
O home pasará hoxe a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará