Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Retencións na AP-9 por un sinistro á altura da Igrexa de Chapela

RR_Noticias

Unha muller tivo que ser excarcerada por efectivos de Protección Civil logo de que o seu vehículo fora arroiado por un camión. O suceso tiña lugar ás 9:15 horas. As tarefas de limpeza do gasóleo e o aceite derramado polo camións están a provocar retencións na autoestrada que nalgúns momentos superaron os catro quilómetros.

Na crónica de sucesos na nosa contorna temos que falar dun accidente que se producía ás 9:15 da mañá na ponte de Rande. Un camión e un turismo colidían na AP-9 en sentido vigo ao seu paso por Redondela o que provocaba retencións duns catro quilómetros no acceso á cidade.
Segundo información facilitadas polos axentes de Protección Civil de Redondela o sinistro produciuse cando por causas que se descoñecen un camión levábase por diante un turismo Opel Vectra que se atopaba estacionado na beiravía supostamente afectado por unha avaría.
No momento do accidente a condutora do vehículo estaba sentada no posto do copiloto e a consecuencia do impacto quedou atrapada no interior do turismo.
Efectivos de Protección Civil e Bombeiros de Vigo tiveron que intervir para excarcerar á moza que foi trasladada a un centro hospitalario da cidade con prognóstico reservado. Pola súa banda, o condutor do camión veciño de Vigo non sufriu danos.
A estas horas continúan as retencións en dirección Vigo xa que a consecuencia do accidente produciuse un derrame de gasóleo e aceite. As tarefas de limpeza están a complicar a circulación pola vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará