Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia os recortes orzamentarios da Xunta en Servizos Sociais

RR_Noticias

A Concelleira de Servizos Sociais, Rosa Costas asegura que os recortes orzamentarios para o 2011 van afectar directamente aos máis desfavorecidos xa que se reducen as partidas destinadas dende a Xunta a políticas sociais. O PP asegura que “3 de cada 4 euros dos orzamentos dedicaranse a servizos sociais”

Unha moción presentada polos nacionalistas trasladou onte ao pleno de Redondela o debate en torno aos recortes orzamentarios da Xunta. Dende o BNG asegúrase que as partidas económicas que se van destinar nos orzamentos autonómicos a políticas sociais vanse ver reducidas notablemente e acusan ao PP de “mirar para o outro lado nun momento no que máis familias está a sufrir os efectos da crise”. Así se manifestaba a edil do bloque, Rosa Costas quen engadiu que cando maior é a necesidade de financiamento para atender aos máis necesitados “o PP decide conxelar as partidas a servizos sociais”. Segundo explicou a nacionalista no 2011 o goberno de Feijoo paraliza “o plan concertado, conxela as partidas do RISGA e emerxencia sociais e non se aportan cartos para atender aos novos dependentes” Dende o PP botaban man das cifras para rebater estas afirmacións. Alberto Pazos aseguraba que “3 de cada 4 euros dos orzamentos da Xunta dedícanse a servizos sociais”. Engadía que moitas das partidas sociais non so non ser reducen senón que incluso se viron incrementadas respecto das achegas feitas durante o goberno do bipartito

Rosa Costas BNG
A responsale de Servizos Sociais critica que se reduzan ou conxeles as partidas dedicadas a políticas sociais
Alberto Pazos PP
O popular asegura que as partidas sociais incrementáronse dende os tempos do biparito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará