Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A crise inmobiliaria afecta ó sector en Redondela

RR_Noticias

A venta de pisos e casas experimentou un notable descenso nos últimos meses tanto en Galicia como no resto de España. Esa é a mesma tendencia que segue o sector en Redondela, prexudicado sobre todo pola actitude das entidades bancarias, que “pecharon a billa” do crédito. As dificultades para acceder a unha hipoteca limitan moito a venda de vivendas neste municipio, do mesmo xeito que no resto da comunidade.

A compravenda de vivendas baixou un 20% en Galicia o pasado mes de outubro, en comparación co mesmo mes do ano anterior. O descenso no resto de España foi algo inferior, do 17,7%. En todo caso, a tendencia xeral vén marcada por ese retroceso nas ventas, e o caso de Redondela non é unha excepción. Bernardo Fernández, da Inmobiliaria Arines, explica que as ventas baixaron neste Concello nos últimos meses por mor da crise. O motivo, sobre todo, a falta de crédito por parte das entidades financeiras, que agora esixen moitas máis garantías á hora de conceder unha hipoteca. Con todo, sinala que neste municipio “non se dan os picos” doutros Concellos veciños como Soutomaior ou O Porriño, onde houbo moita construción nos últimos anos. Fernández Arines compara a tendencia en Redondela cun “motor diésel”, cunha evolución “lenta pero constante”, xa que non se deu un gran auxe da construción nos últimos anos, nin tampouco grandes caídas. O número de vivendas novas que se edifican mantense máis ou menos estable ano tras ano. Enclave privilexiado O interese dos compradores por adquirir unha vivenda en Redondela segue a ser elevado. Fernández explica que se trata dun municipio que ten moito atractivo, mesmo para cidadáns doutros lugares veciños, como Vigo. Redondela está nun enclave “privilexiado”, a escasos minutos da cidade olívica, e as vivendas teñen prezos “máis baratos”, ademais de que goza dunha boa calidade de vida. Por iso a demanda de pisos e casas segue a ser alta en Redondela, o problema é que os compradores teñen moi difícil atopar financiamento, xa que os bancos esixen cada vez máis garantías. O próximo 2011 seguirá a ser un ano de dificultades no sector. Con todo, desde a Inmobiliaria Arines agardan tamén que, coa aprobación do PXOM se constrúa máis vivenda en Redondela e se dinamice o sector.

Bernardo Fernández Inmobiliaria Arines
A venta de pisos baixou en Redondela aínda que sen grandes altibaixos.
Enclave privilexiado
Arines explica que a demanda de vivenda en Redondela é alta pola súa proximidade a Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará